/XORNADA 02-03 NOVEMBRO 2012

XORNADA 02-03 NOVEMBRO 2012

SF2

   O conxunto de Jorge Barrero desprázase este fin de semana a Lugo, para xogar o encontro correspondente á cuarta xornada da Liga Regular de SF2 contra o equipo local, o EMEVE, ás 18:00 no Polideportivo Municipal de Deportes.
   Este derbi galego da categoría enfrontará a ambos equipos, por primeira vez, logo da final de copa na que se impuxo o FisiomásZalaeta nunha apertada e emocionante final. O partido preséntase interesante, entre dous equipos que se coñecen ben, e que se atopan en situacións diferentes neste comezo da competición. Por unha banda, o equipo de José Valle, saltará á pista coa necesidade de non deixar escapar a primeira vitoria na casa, para o que dispón dun equipo novo, pero moi conxuntado, moi forte en defensa pero que necesitaría maior contundencia en ataque.
   Ante iso, o FisiomásZalaeta, coa súa plantilla ao completo, presenta un equipo moi axustado, un bloque nun bo momento de forma co que tratará de meter presión ás lucenses. O conxunto coruñés chega a Lugo con intención de facerse co partido, baseado nun xogo moi completo, con boa recepción  e bo xogo na rede e un gran ataque no que destaca a achega do oposta internacional, Patricia Suarez. Espérase un partido intenso no que non se dará un balón por perdido e no que as visitantes tratarán de facer valer a súa maior experiencia e a súa racha de vitorias.

           SÁBADO 03 DE NOVEMBRO, 18:00, MUNICIPAL DE DEPORTES DE LUGO.

          Pola súa banda, o Boiro Voleibol desprázase a Coruña para xogar os partidos correspondentes das categorías cadete e xuvenil. O primeiro encontro será o de xuvenís de Liga Galega ás 11:00 no Pavillón do Instituto Zalaeta entre o FisiomásZalaeta e O Secreto Boiro Voleibol. Dous equipos que se atopan empatados na clasficación con 3 vitorias e 1 derrota.
   A continuación, enfrontaranse os equipos cadetes, tamén de Liga Galega no que as pupilas de D. Hermida tratarán de facer valer a súa condición de líderes para de impoñerse ás visitantes e así continuar á fronte da clasificación
.

   SÁBADO 03 DE NOVEMBRO,

   11:00 PAVILLÓN INSTITUTO ZALAETA:  CV ZALAETA – BOIRO VOLEIBOL  XUVENÍS.
   12:30 PAVILLÓN INSTITUTO ZALAETA:  CV ZALAETA – BOIRO VOLEIBOL  CADETES.  

   O equipo de 2º División A, disputará o encontro correspondente á xornada nº 4, o domingo día 4 ás 12:00 no Pabellón do Instituto. As rivais nesta ocasión será o Voleibol Toffe que ven sen conseguir ainda a primeira vitoria, e tratará de cortar a racha do CV Zalaeta a domicilio, ao que as locais opoñerán o seu bo rendemento nos últimos encontros e a mellóra das suas prestaciones na cancha.

              DOMINGO 04 DE NOVEMBRO,12:00 PABELLÓN INSTITUTO ZALAETA.