/SF2: ARENAL EMEVE 3 AUTOS CANCELA ZALAETA 0

SF2: ARENAL EMEVE 3 AUTOS CANCELA ZALAETA 0

  Derrota do Zalaeta en Lugo ante o EMEVE na primeira xornada nun partido no que ambos os conxuntos mostraron falta de rodaxe e no que o factor campo decidiu o resultado.

  Ás 17:30 comezaba no Municipal de Lugo este derbi galego, o primeiro partido da tempada de SF2 19-20, dirixido polos colexiados Aroa García e Francisco Barrallo, no que as locais se impoñían claramente por un 3-0 con parciais 25-19; 25-18 e 25-13 (75-50), o que lles supón ocupar provisionalmente a cabeza da clasificación.

ARENAL EMEVE: Julia Paradela, Paula Lorenzo, Irene Yañez, Laura Villasante, Inmaculada Lavado, María Rodríguez, Sara Urrea, Paula Reija, Aitana Fernández, Tea Andric, Lucía Prol, Inés Rivas, Ainara Burgo e Lidia Figueira. Adestrador José Valle

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Cristina G. Bermejo, Claudia Gómez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Méndez, Carla Figueroa, Alba Quirós, Noa Sánchez, Carlota Vilariño e Sandra Sosa. Adestrador Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  No primeiro set as coruñesas mantivéronse por diante no marcador ata o empate a 12 puntos, a partir de aquí as de Valle non afrouxaron e un parcial 7-0 deixa o luminoso en 22-13 que practicamente pon o 1-0.

  O segundo e terceiro set son un calco do primeiro, o Zalaeta só resiste a primeira metade e despois son as locais as que levan o xogo, impoñéndose pola vía rápida e logrando os 3 primeiros puntos da tempada neste arranque ligueiro.

  Partido con pouca tensión por parte de ambos os equipos, que denotan falta de nivel competitivo ao que se une o efecto do derbi, a desconfianza do que o rival poderá facer nun partido deste tipo. O factor cancha puido ser decisivo, as de Lugo mostraron maior confianza e superaron ao rival claramente.

  As estatísticas así o indican, en bloqueo, 11-2 para o Arenal EMEVE, maior efectividade en saque, 6 ACES contra 2, e maior eficacia en ataque, 43% para as locais e 40 puntos. A mellor do partido, Laura Villasante con 18 puntos, (12 ataques, 2 ACES e 4 bloqueos). Lucía Prol 12 puntos e Irene Yáñez 11.

  Polo Autos Cancela Zalaeta Alba Quirós 9 puntos e Carla Figueroa e Emma Ordoñez 8 cada unha.

  A próxima xornada estreo da competición no Barrio cun clásico da categoría, enfrontamento co RGC Covadonga que virá despois de lograr a súa primeira vitoria, 3-0 ante o CV Torrelavega nesta primeira xornada.

https://photos.app.goo.gl/ru95NmRKVEYEqVgk9