/SF2: CONAVI XUVENIL TEIS 1 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

SF2: CONAVI XUVENIL TEIS 1 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

  Vitoria a domicilio do Autos Cancela Zalaeta no derbi de SF2 ante o Conavi Xuvenil Teis que lle permite levantarse á 1ª posición do Grupo A en o que aínda a clasificación final está pendente da última xornada que as de Barrero disputarán no Barrio ante o Universidad de Valladolid o vindeiro sábado día 6.

  Ás 18:15 comezaba no Municipal de Teis o partido, dirixido polo colexiado Carlos A. Cordeiro, e que finalizaría cun resultado de 1-3 con parciais 19-25; 27-25; 19-25 e 18-25 (83-100).
CONAVI XUVENIL TEIS: Natalia Marín, Aida Pérez, Lorena Cruz, Rebeca Hernández, Tania Boelle, Susana O Drubi, Melisa Kerman, Sara Figueroa, Catalina Marín e Carla Figueroa. Adestrador, Celso Veloso.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, María Pedreira, Claudia Gómez, Emma Ordoñéz, Paula Lema, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Méndez, Tania Cobos, Lida Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  O partido resultou máis complicado do que indica o resultado, o primeiro set foi claramente das visitantes que comezaron adiantándose no marcador, reaccionan as locais que logran meterse no partido, pero a partir do 12-14 as de Barrero toman o mando e non ceden ata poñer o 0-1. O segundo foi o máis disputado do encontro, adiántanse as xogadoras de Veloso decididas a remontar e o Zalaeta só consegue un empate a 8 nos inicios do set mentres as locais continúan levando o ritmo aínda que con escasas diferenzas. Outro empate a 17 puntos e de novo a 24 e 25 dá idea da loita polo set entre ambos os equipos. Maior rendibilidade en ataque das de Teis e mellor actuación no saque, proporciónanlles o empate, 1-1.

  Os dous sets restantes son parecidos, comeza sendo moi igualados ata que aos poucos o Zalaeta vai mantendo e incrementado as diferenzas para finalizar mellor en ambos os sets e poñer o 1-3 e levar 3 puntos moi valiosos para a clasificación.

  As coruñesas superaron en ataque ao Xuvenil, 41-60, e en bloqueo, 1-5, mentres as de Teis foron superiores no saque logrando 15 ACES. O Zalaeta non cometeu demasiados erros, 23 por 27 o Teis. A xogadora local Melisa Kerman foi a máxima anotadora do encontro con 22 puntos, 17 ataques, 4 ACES e 1 bloqueo, seguida por Aida Pérez 12 puntos e Lorena Cruz e Carla Figueroa con 10.

  Polo Zalaeta Emma Ordoñez con 20 puntos, 15 ataques, 3 ACES e 2 bloqueos, Laura Méndez 17 puntos, Lidia Gudge 15 e Eleonora Guzzi 12.

  Importante vitoria de 3 puntos para o Autos Cancela Zalaeta que escala na táboa ata a 1ª praza superando ao Extremadura por 1 punto e en 2 ao VP Madrid despois de que as madrileñas cedese un punto no seu duelo con Torrejón ao que gañou por 2-3.

  Praza para o play off para as pupilas de Barrero aínda que provisional, pendente do desenvolvemento da última xornada na que os tres primeiros equipos teñen posibilidades para disputar as dúas prazas. O Zalaeta xogará en casa o seu último partido da tempada como local ante o Valladolid, o VP tamén como local recibe ao Cuesta Piedra e o Extremadura visita a cancha do Sestao.