/PRÓXIMOS PARTIDOS

PRÓXIMOS PARTIDOS

  Xornada lonxe do Barrio a que disputará o Autos Cancela Zalaeta nos Pajaritos ante o CAEP Soria o domingo pola mañá, xornada na que os postos de cabeza da táboa do Grupo A para poden verse alterados polos resultados.

  O Extremadura Arroyo recibe ao VP Madrid que tratará de escalar na clasificación á conta das estremeñas e Leganés e Torrelavega miden as súas forzas no Emilia pardo Bazán da localidade madrileña. O CAEP nunha dobre xornada, tamén se mide ao sexto en discordia, o Macohenares Servicasa Torrejón, o sábado en Soria. Trátase , por tanto dunha fin de semana que pode clarificar as cousas na clasificación do Grupo A.

   O equipo do Instituto viaxa, como sempre, con Autos Cancela, o sábado para disputarlle os puntos en xogo ás da Concentración Permanente o domingo. Partido sempre complicado que sabemos como empeza, pero non como acaba. 

  O equipo de Barrero retomou a senda da vitoria o pasado sábado no Barrio e quere continuar nesa liña. Coa moral alta cando as súas xogadoras realizan boas actuacións que son recoñecidas polos técnicos da Federación, nesta ocasión, a líbero Noa Sánchez fíxose un oco no Sete Ideal da Xornada despois do gran partido realizado ante o cvleganes. com no que asinou unha excelente porcentaxe en recepción, o 76%.

  Así as cousas, puntuar en Soria reforzaría a posición do Zalaeta na táboa, coa vista tamén posta no seguinte partido, dous desprazamentos seguidos, ante o Torrelavega en La Habana Vieja da cidade cántabra. Non será ata o sábado 23 que se volverá a xogar no Barrio ante o Grupo, por tanto, sucesión de xornadas complicadas nun tramo importante da liga.