/SF2: MACOHENARES SERVICASA TORREJÓN 1 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

SF2: MACOHENARES SERVICASA TORREJÓN 1 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

  Vitoria de 3 puntos do Autos Cancela Zalaeta no seu desprazamento a Torrejón para xogar co 2ª clasificado de SF2 Grupo A. O partido comezaba no J. A. Paraíso ás 19:30 do sábado dirixido polo colexiado David Escobar, e finalizaba cun resultado de 1-3 con parciais: 26-24; 23-25; 19-25 e 14-25 (82-99).

MACOHENARES SERVICASA TORREJÓN: Paula Alfaro, Raquel Virumbrales, Brezo González, Erika González Jessica Cernadas, Marta Ruano, Jennifer Nieto, Cristina Llorente, Denia Bravo, Alba Hernández, Lucía Llorente, Mª. Paz Gónzalez, María Amado e Laura Salvador. Adestrador Canales de la Hoz.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Vázquez, Noemí Vázquez, Tania Cobos, Lidia Gudge e Inés Rivas. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  Nun primeiro set moi disputado imponse o Torrejón a un Zalaeta que domina o marcador en gran parte do set, pero que non é capaz de finalizar e desperdicia un 21-24, cede un parcial de 5-0 que deixa un resultado de 26-24, o máis axustado do partido.  É o set que máis erros cometen as de Barrero, 10, 5 soamente ao saque.

  No segundo corrixen os erros, melloran o ataque e aparecen en bloqueo, nun set marcado pola alternancia no marcador, son capaces de remontar cando van por baixo, e no empate a 23 puntos non se lles escapa o set e empatan o partido.

  No terceiro set, a pesar de empezar por diante as locais, o Zalaeta logra un empate a 16 e a partir de aquí non ceden e gañan o seu 2ª set, e arrincan un punto dos 3 en disputa. No 4ª as de Torrejón non resisten ás do Instituto, que cun comezo irresistible, un parcial de 0-6, marcan as diferenzas e non se deixan alcanzar en ningún momento polo rival e obteñen a maior diferenza do encontro, 14-25.

  Excelente partido do Autos Cancela Zalaeta que se trae 3 puntos deste complicado desprazamento, no que destacou o bloque presentado por Barrero no que 4 xogadoras superaron os 10 puntos. Eleonora Guzzi con 16 puntos, 4 bloqueos, é a máxima anotadora do encontro, Lidia Gudge, 13 puntos, 4 bloqueos, Emma Ordoñez e Tania Cobos, 12 puntos. Por parte do Macohenares Servicasa Torrejón, Denia Bravo 16 puntos, Marta Ruano 14 y Paz González 10.

  Este resultado serve para consolidarse na quinta praza da clasificación, nos postos altos da táboa. Non se avanza ningunha posición debido á vitoria do Voley Playa sobre o Torrelavega, o que comprime as diferenzas dos primeiros clasificados, do segundo ao quinto 1 só punto de diferenza.

  O próximo encontro, no Barrio ante o Cuesta Piedra Santa Cruz.