/EMMA ORDOÑEZ MVP DA SEXTA XORNADA DE SF2

EMMA ORDOÑEZ MVP DA SEXTA XORNADA DE SF2

 

  A xornada da fin de semana depáranos os seguintes encontros:

  O equipo de SF2 , Autos Cancela Zalaeta desprázase a Xixón par xogar o partido correspondente á 7ª xornada ante o RGC Covadonga no Braulio García. O Grupo con 4 vitorias ocupa a 4ª praza da clasificación, e despois da derrota ante o cvleganés.com a xornada anterior, nesta ocasión na súa cancha, tratará de quedar cos puntos en xogo, polo que se espera un partido complicado para o Zalaeta se quere puntuar.

  O conxunto de J. Barrero móstrase forte cando xoga en casa, 3 vitorias de 3 partidos, pero fóra debe de atopar o seu momento, e este desprazamento, ante un rival coñecido pode ser a ocasión para puntuar e continuar na parte alta da táboa.

  A ter en conta o rendemento das súas xogadoras que van de menos a máis e un bo exemplo é o nomeamento como MVP da xornada 6 da receptora do Autos Cancela Zalaeta, Emma Ordoñez, despois dunha excelente actuación na vitoria ante o líder, o CV Torrelavega, no partido do sábado pasado no Barrio.

  A xogadora de Boiro nunha tarde excelente logrou 25 puntos, 21 de ataque, 3 bloqueos e un ACE, que lle serven para erixirse na segunda Mellor Atacante, Máxima Anotadora e a Mellor da Xornada.    Parabéns a Emma!!

  Esperemos que sexa este un dos primeiros éxitos que agardan a esta xoven xogadora cunha enorme proxección.

  En canto ás Ligas Galegas, a cadetes xogarán o sábado en Oleiros ante o equipo titular da praza, que nestes momentos ocupa a 6ª posición con 1 vitoria, mentres as do Instituto con 4 de 4 comparten o liderado con Monforte.

  Tamén o sábado, as infantís enfrontaranse ao Xuventude Dubresa que con só 2 partidos disputados, 1 vitoria, ocupa a 8ª praza. O Zalaeta con 3 encontros e 2 vitorias está en cuarta posición.

  Continúa a xornada da fin de semana co desprazamento dos equipos senior e xuvenil a Bertamirans onde medirán forzas co Vitaldent Santiago Bruxas que en ambas as categorías ocupa a segunda posición da táboa.

  Os desprazamentos realizaranse cos autocares de Autos Cancela, que realizarán a súa saída, como vén sendo habitual, desde o Instituto Zalaeta, o sábado ás 16:00 co equipo infantil para Bembibre, e o domingo cos equipos senior e xuvenil ás 08:15 rumbo a Bertamirans.

BOA VIAXE E MOITA SORTE!!

  Finalmente comentar que esta mañá xogouse no Pavillón de Zalaeta o encontro de xuvenís, aprazado no seu día, entre EMEVE e CV Zalaeta, no que as do Instituto encaixaron a súa primeira derrota da tempada cun resultado de 1-3, con parciais 19-25; 21-25; 26-24 e 25-27. Partido complicado para as locais, que contaron coas baixas da xogadoras Laura, María e Carlota e no que se aliñaron xogadoras procedentes do equipo cadete.

  Fallos de recepción e falta de confianza notáronse no comezo do partido que marcaron o devir do xogo, a pesar de que aos poucos foron entrado no partido e lograron plantar cara a un difícil rival e poñerlle as cousas moi difíciles tal como indícanos o axustado do marcador final. Con este resultado o Zalaeta queda na 5ª posición con 9 puntos nunha clasificación moi apertada na que ao primeiro e ao quinto sepáraos 1 punto de diferenza.

  Mencionar a presenza hoxe no Pavillón do Instituto da cubana Ana Ibis Fernández, destacada xogadora de voleibol que conta con quizais o mellor palmarés da historia con 4 medallas olímpicas, 3 ouros e 1 bronce, e dous campionatos de mundo, e que accedeu a fotografarse co equipo do Instituto.