/PARTIDOS DA FIN DE SEMANA

PARTIDOS DA FIN DE SEMANA

  Esta fin de semana non se xogará partido de SF2, o Autos Cancela Zalaeta ten xornada de descanso na competición do Grupo A á espera de xogar o seu próximo partido no Barrio ante o CV Torrelavega, que neste momento lidera a clasificación.

  Pola súa banda, continúan as Ligas Galegas, nunha xornada na que unicamente xoga en casa o equipo cadete de Cristina G. Bermejo ante o Voleibol Lugo.   Enfrontamento entre os segundo clasificado e o quinto.

  O resto de partidos son desprazamentos, así as xuvenís viaxan a Boiro para enfrontarse ás locais do Jealsa Boiro Voleibol que ocupan a 6ª posición na táboa; as infantís viaxan a S. Sadurniño para xogar ante o Aldebarán,  noutro duelo entre os líderes da táboa nestes momentos, e finalmente o equipo senior do Autos Cancela Zalaeta de 1ª Autonómica, enfrontarase ao Black Voley, 6ª clasificado, en Teis.

  Os horarios dos autobuses para os desprazamentos son os seguintes: O equipo infantil sairá o domingo ás 08:00, e o equipo senior ás 09:30. Ambos os desprazamentos serán nos autobuses de AUTOCARES CANCELA, e realizarán a saída , como de costume, desde o Instituto Zalaeta.

  BOA VIAXE E SORTE!!