/SF2: MADRID CHAMBERÍ 3 AUTOS CANCELA ZALAETA 0

SF2: MADRID CHAMBERÍ 3 AUTOS CANCELA ZALAETA 0

  Hoxe xogábase no Estadio de Vallehermoso o partido correspondente á xornada nº 16 de SF2 que enfrontaba ao equipo titular, o Madrid Chamberí, ao Autos Cancela Zalaeta. Dirixido polo colexiado David Escobar tivo unha duración de 01 h 10m. e finalizou cun resultado de 3-0 con parciais 25-13, 25-17 e 25-17.

MADRID CHAMBERÍ: Paula Prieto, Paula Álvarez, Silvia das Heras, Martina Corral, Paula Carpintero, Sara Garcinuño, Laura Calvo, Silvia Soldevilla, Cristina Chamoso, Paula Pérez, Sandra Mendoza, Marta Beltrán e Raquel Goas. Adestrador Manuel Berdegué.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Noemí Vázquez, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Marta Fraga, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  No primeiro set impóñense as locais cunha ampla vantaxe ante un Zalaeta que non entra no partido na cancha madrileña e comete demasiadas imprecisións que lle supoñen a desvantaxe no marcador. 10 erros, 5 de saque, é un lastre complicado ante o primeiro clasificado do Grupo A.

  Melloran o xogo as visitantes e reducen erros no segundo set e conséguese a mellor porcentaxe de ataque do partido, 41%, pero o Chamberí mellora o seu bloqueo e consegue impoñer o 2-0. Chegamos ao terceiro e parece que as coruñesas perden a confianza ante un rival que non cede o máis mínimo na súa cancha, as de Barrero téntano, minimizan erros, 4 no set, pero cae a súa porcentaxe de ataque, faceta en que as madrileñas logran os mellores resultados do partido, 16 puntos no set.

  Paula Pérez do Madrid Chamberí, máxima anotadora do encontro con 13 puntos, seguida de Paula Carpintero e Sara Garcinuño con 10 puntos. Polo Autos Cancela Zalaeta Laura Vázquez con 8 puntos máxima anotadora seguida de Alba Quirós con 7.

  Partido comprometido para o Zalaeta ante o líder do grupo e tamén Campión de Copa da actual edición, no que se vía moi complicado puntuar, e así foi, o Chamberí non deixou escapar a imbatibilidade nesta ocasión. Este resultado non varía a clasificación, o EMEVE abre oco de 5 puntos coa súa vitoria de hoxe en Alcobendas e continúa de 3º e o Extremadura Arroyo segue en 5ª posición despois de ceder 2 puntos ao CAEP na súa cancha, mentres Torrelavega achégase 6º con 28 puntos, (3-0 a Teis).

  Próximo partido o sábado 3 no Barrio ante o CV Torrejón que con 21 puntos ocupa a 7ª posición na táboa.