/SF2: AUTOS CANCELA 3 RGC COVADONGA 1

SF2: AUTOS CANCELA 3 RGC COVADONGA 1

Partido correspondente á 10ª xornada o disputado hoxe no Barrio das Flores na Coruña entre o Autos Cancela Zalaeta e o RGC Covadonga, 8º e 6º respectivamente na clasificación do Grupo A de SF2, que se atopan separados por 1 punto. O encontro comeza ás 19:00 dirixido polo colexiado Justo Olea e ten unha duración de 01 h 51m. e finaliza cun resultado favorable as locais por 3-1 (27-25; 22-25; 25-22; 25-18).

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, María Pedreira, Alba Quirós, Paula Lema, Andrea Rivas, Calíope García,Laura Vázquez, Marta Fraga, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.

Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

RGC COVADONGA: Miriam Dieguez, Cecilia González, Celia Rodríguez, Paula Sánchez, Gloria Santos, Ángela Rodríguez, Andrea Lorenzana, Lidia Pérez, Elena Rodríguez, Mariña Branco, Thalia Estevez, Mª. Teresa Martínez, Paula Lorenzana e María Martín.

Adestrador Saúl Pérez.

  Reencontro coa vitoria no Barrio sumando 3 importantes puntos ante un rival directo como é o Grupo. Nun primeiro set complicado, no que as locais logran un parcial de 13-5, o Grupo non dá nada por perdido ata conseguir un empate a 22 puntos, a partir de aquí o set convértese nun toma e daca no que finalmente o Zalaeta é capaz de superar ao rival con axustado 27-25, con idénticos números en ataque e mesmo nº de erros, a diferenza estivo na eficacia no saque e a recepción das coruñesas.

  Entramos no segundo, parecía que deixaramos os nervios atrás, un set moi igualado nos seus comezos, pérdese cun parcial en contra de 0-5 que deixa o marcador en 20-24 que dá paso ao resultado final nun set, como o anterior, igualdade en ataque e mellor recepción e saque locais, pero infestado de erros, 10 nesta ocasión que despexan o camiño ás de Xixón.

  O terceiro foi un set moi igualado, a tónica do partido, que soamente se resolveu nos últimos puntos nos que o equipo de Barrero foi capaz de resolver e poñer terra polo medio no marcador. Bo ataque e recepción e rendibilizáronse os poucos erros cometidos.

  E chegamos ao cuarto e ao cabo o definitivo. Comezo igualado ata que unha serie de 5 ACES de Alba (8-2), desnorta ao adversario que non se recupera ata lograr un efémero empate a 16 (despois dun parcial de 0-5 para as do Grupo) pero que non lles serven para superar ás coruñesas que son capaces de remontar e gañar o set e con el o partido deixando no Barrio ante a súa afección os 3 puntos en xogo que serven para alcanzar a 6ª posición na táboa.

  Bo partido do Zalaeta en todas as facetas do xogo, en particular na execución do saque no que logrou 17 ACES, 52 puntos de ataque e bos números en recepción. Por parte do Autos Cancela Zalaeta catro xogadoras superan os 10 puntos: máxima anotadora do encontro e cunha excelente actuación, Alba 25 puntos, 15 ataques e 10 ACES, seguida de Susana 15 puntos e Marta 14, ambas as xunto con Noa cun estupendo rendemento en recepción. E a central Inés con 11 puntos, 4 bloqueos.

  Miriam Dieguez máxima anotadora do RGC Covadonga con 22 puntos seguida de Cecilia González con 13 puntos.

Fotos de J. Vázquez:    https://photos.app.goo.gl/58IjNblcRQbb5eUd2