/PARTIDOS FIN DE SEMANA 11 E 12 DE FEBREIRO

PARTIDOS FIN DE SEMANA 11 E 12 DE FEBREIRO

  Xornada importante de SF2 para o FisiomásZalaeta, ante o Feel Voley Alcobendas, que esta semana volve xogar fóra de casa.
  Enfrontamento co Alcobendas, un dos catro equipos que pechan a táboa, e cuxo resultado pode ser importante para esa zona da clasificación nunha xornada na estes equipos téñeno complicado. O Teis xóga co líder, o Madrid Chamberí, e o Torrejón co terceiro en discordia para o ascenso, o Cuesta Piedra, de modo que o equipo que leve os puntos terá moito ao seu favor.
  O Alcobendas gañou na primeira volta no Barrio, nun partido moi axustado no que todos os sets resolvéronse nos últimos puntos entre dous equipos moi igualados, as madrileñas impuxéronse por 1-3, levándose a vitoria e os puntos en xogo.
  Nesta ocasión o Zalaeta está disposto a devolverlle a moeda e recuperar os puntos perdidos para recortar distancias na clasificación.
  Despois dunha semana de intenso adestramento na que todas as xogadoras estiveron a disposición do adestrador Barrero, a moral está alta e o equipo disposto a regresar á senda da vitoria cos valores que lle deron os mellores momentos de xogo nesta tempada, recortar os erros e construír un ataque eficaz que lles dea os puntos necesarios será o obxetivo para reter os puntos en xogo, sendo esta unha xornada na que outros resultados poidan xogar a favor dos intereses das coruñesas.
  O partido, o sábado á 19:30 no Pavillón Luís Buñuel de Alcobendas.

 

LIGAS GALEGAS, XORNADA Nº 15
 
   1ª DIVISIÓN INFANTIL
CV BRUXAS  Vs  CI ZALAETA    SÁBADO 18:00    P.M. BERTAMIRANS
 
   1ª DIVISIÓN SENIOR
CV BRUXAS  Vs AUTOSCANCELA ZALAETA   SÁBADO  20:00 P.M. BERTAMIRANS 
 
   2ª DIVISIÓN CADETE
CV NARON VOLEA  Vs   CI ZALAETA     SÁBADO  10:00    MONTE DÁ SERRA
 
    1ª DIVISIÓN XUVENIL
CV BRUXAS  Vs  AUTOSCANCELA ZALAETA   DOMINGO 12:00    P.M. BERTAMIRANS
 
 
 Os partidos na competición de Deporte en Idade Escolar XOGADE que se celebran na cancha de Monte dás Moas, serán os seguintes:

     INFANTIL FEMININO
CI ZALAETA B  Vs  NARÓN VOLEA    SÁBADO    11:10     MOAS-3  
 
   ALEVÍN FEMININO
CALASANCIAS CORUÑA A   Vs   CI ZALAETA A  SÁBADO  10:00       MOAS-3
CI ZALAETA B  Vs  ALDEBARÁN  SÁBADO  10:35    MOAS-1
 
  Os desprazamentos realizaranse como de costume, no autobús de Autos Cancela, que realizará a súa saída desde o Instituto Zalaeta cos seguintes horarios:
  Sábado ás 08:00 co equipo cadete rumbo a Narón e ás 09:00 con SF2 con destino Alcobendas. E para finalizar a xornada do sábado, ás 16:00 saída cos equipos infantil e senior para Bertamirans.
  O domingo ás 10:00 o equipo xuvenil sairá con destino a Bertamirans.