/ENTREVISTA CON CHISCO

ENTREVISTA CON CHISCO

  
José Mª Sánchez Abruñedo, coñecedor do volei coruñés no que fixo de todo, xogador, adestrador de equipos masculinos e actualmente segundo de Jorge Barredo.
Podemos dicir que coñece todas as caras deste deporte, no que ademais
tamén exerce de “estatístico”, é dicir, que tamén manexa os datos.
Deportista por definición, non se rende, e cando finaliza a tempada, el
comeza a súa particular de volei praia, a actividade é o seu.

Balance da tempada. O mellor e o peor.


  O mellor, a solidez do equipo na casa…
 
O peor, a vitoria máis amarga! o partido contra o grupo na casa que a
pesar de gañar xogando un moi bo partido, ter encaixado un set deixounos fora da Copa…….
 
 Esperabas este rendemento do equipo?

  Empezamos a pretempada moi pronto e traballando moi ben! sen dúbida esperábame este rendemento.
 En Coruña caeron todos os equipos, cal é o plus que ten o Zalaeta xogando na casa?

  
Seguridade! un equipo que xoga onde adestra o ámbito non é novo para él. Tamén inflúe a ausencia de desprazamento, e como non, o apoio da
afección é moi importante.
Para que serven as estatísticas?

  Teñen como función facilitar ao adestrador unha visión de como se
desempeña cada xogadora dentro do campo de xogo en cada acción que
realiza. Cada adestrador pode realizar o seguimento de datos que lle
interese, durante ou post partido, do equipo propio ou do rival, o cal
pode permite potenciar o rendemento das xogadoras.
 
 Son de fiar as estatísticas, ata que punto se unha xogadora aparece moitas veces é realmente boa?

  Se
te refires a esta liga, son moi pouco fiables xa que algúns
estatísticos, simplemente se sacan a estatística de enriba, sen poñer
moita atención ás valoracións dos xestos técnicos…..
 Que sucede se perdes a concentración?

  O
es un fóra de serie ou estás destinado ao fracaso. Na realización das
estatísticas debes de estar pendente do que sucede na cancha, a
velocidade de xogo non che permite un despiste que ademais che faría
perder a secuencia do xogo, podería ser un desastre perder a
concentración. Son varios os datos a ter en conta, tipo de fallo ou
acerto, dorsal da xogadora… durante o partido non valen as
distraccións.
En xeral, a concentración é un factor importante no
deporte. Eu sempre digo que a concentración tamén se adestra, cando un
xogador está sometido a un estrés por esgotamento físico, é moi probable
que perda a concentración polo tanto hai que levar ao xogador a eses
estados e intentar mantelo concentrado…
 Ademais da realización das Estatísticas, es o segundo de Jorge, que implica iso? Hai algunha especialidade ou traballos diferentes por grupos de xogadoras…..

 
Implica ter claro como quere o adestrador que xogue o equipo, como
quere que se executen os diferentes exercicios nos adestramentos, como
quere que se realicen os diferentes xestos técnicos para non confundir
as xogadoras, etc,
Xeralmente eu preparo os quecementos e de cando en vez exercicios de traballo de recepción, defensa e colocación coas líberos e colocadoras.
 Como se reparte a responsabilidade dos éxitos dun equipo entre o adestrador e as xogadoras?

  Sen
dúbida a responsabilidade recae na súa maior parte no adestrador, eu
diría que un 60% é a parte correspondente ao adestrador, á súa dirección
e visión técnica do encontro e á súa preparación durante a semana. Ás
xogadoras pódeselles atribuír un 40%, a execución na cancha o día o
partido do preparado durante a semana. 
 Que che pon dos nervios durante un partido?

   Mirar para o meu banquillo………
Creo que é a situación na que as xogadoras aparentan estar máis
nerviosas, pendentes de entrar ou que acaban de saír por algún fallo ou
algún cambio por rotación… Efecto contaxio!