/ENTREVISTA CO PRIMEIRO ADESTRADOR JORGE BARRERO

ENTREVISTA CO PRIMEIRO ADESTRADOR JORGE BARRERO

      Unha vez finalizada a tempada,
concluída a liga de SF2, máxima competición na que participa o club, é
hora de facer balance deportivo da acontecido ao longo desta ano
deportivo 2014-2015, e para iso nada mellor que coñecer a opinión dos
seus protagonistas.
  Comezamos unha serie de entrevistas que nos
permitirán achegarnos aos compoñentes deste equipo, coñecelos un pouco
máis e saber algo das interioridades deste deporte, de como se vive e
que se coce no seu interior.
Nesta ocasión e para romper o xeo, cedemos a palabra ao seu primeiro adestrador, Jorge Barrero, cuxa opinión é para ter en conta, que nos fai un balance a tempada, o mellor e o peor.
  O balance desta tempada en
liñas xerais é moi positivo, posiblemente o mellor dos últimos
anos, non polos resultados, que foron similares por exemplo á tempada
anterior, senón polo traballo IBCBET do equipo, no que como colectivo demos un
paso adiante en cohesión do grupo, hábitos de traballo e calidade deste.
Quizais
cun equipo individualmente inferior a outros anos conseguimos un
rendemento superior. O punto clave para min foi que todas as xogadoras
comprenderon, asumiron e esforzáronse en desempeñar o papel que lles
tocaba, tanto as que máis xogaban coma as que xogaban pouco. Deste xeito
puidemos “ocultar” as nosas carencias e potenciar as virtudes.
O
peor, en canto a resultados sen dúbida foi quedarnos a 1 set de meternos
na Copa Princesa, xa que aínda que non era un obxectivo que tivésemos
inicialmente, quedar tan preto sÍ foi un pau importante, pois creo
sinceIramente que este ano o mereceramos.
 Esperabas este rendemento do equipo?
  Sinceiramente en canto a resultados non pensaba inicialmente que estariamos tan arriba na clasificación, case en Copa Princesa e con opcións matemáticas de Judi bola online fase de ascenso ata as últimas xornadas.
En
canto ao rendemento tiña claro dende que finalizou a tempada pasada que
había que dar un paso adiante en moitos aspectos que non teñen que ver
coa calidade individual das xogadoras pero que ao final inflúen tanto
como isto nos resultados. Falo da intensidade nos adestramentos,
disciplina dentro e fóra do campo, etc. Nisto non tiña dúbidas de que o
iamos facer, pero non sempre se traduce nos resultados que obtés, e
afortunadamente no noso caso foi así.
Creo que á marxe de que seguro
que houbo partidos e momentos nos que non xogamos ben, fomos sempre un
equipo que sabía a que tiña que xogar.
En Coruña caeron todos os equipos, cal é o plus que ten o Zalaeta xogando na casa?
 
A
maior parte dos equipos temos maior rendemento e mellores resultados na
casa, e as causas son varias, e todas inflúen, maior coñecemento da
pista, o equipo está máis descansado ao non ter que viaxar, o ánimo da afección  tamén axuda sobre todo nos momentos complicados, etc. E o
contrario adoita suceder co rival, que normalmente viaxa no día, nalgúns
casos sen todas as xogadoras, etc.
A parte disto se foi moi
meritorio pola nosa banda searcheducationportal.com conseguir gañar todo na casa, xa que superamos
varios rivais que potencialmente eran superiores, pero o equipo estivo
moi serio todo o ano e na casa as nosas virtudes acentuáronse.
 Incidencia das lesións na tempada.
 
Tivemos unha lesión de importancia que foi a de Sara Díaz
no ombro, que de momento a mantén aínda apartada dos adestramentos, e  a pesar de que o equipo se sobrepuxo ben, é quizais o máis negativo
da tempada, como sucede sempre coas lesións de certa importancia.
Os
demais problemas foron os clásicos  para un equipo que
traballa cun volume bastante alto de adestramento, pero con xogadoras
que polas súas restantes actividades non poden realizar o descanso que
sería necesario, e que tampouco dispoñemos obviamente dun servizo
médico, fisios, etc só ao alcance de equipos profesionais.
 Cal é o balance que podes facer da canteira?
En
canto á canteira máis próxima á SL2, o equipo de segunda-xuvenil, que é o
que sigo máis de preto, creo que o ano foi bastante positivo, cun bo
final no Campionato de España, onde competimos cara a cara cos 3 ou 4
mellores equipos de España, co cal a nivel colectivo o obxectivo cumpriuse sobradamente. Nun equipo como o noso as xogadoras xuvenís teñen
que entender que se llelo propoñen e traballan seriamente o primeiro equipo non está lonxe, e que na maior parte dos casos depende delas o chegar ou non.
Respecto aos equipos de máis abaixo non son o máis adecuado para facer un balance xa que me é imposible velos durante a tempada.

creo que pouco a pouco imos estruturando mellor todos os equipos, e o
traballo das adestradoras está a ser mellor. Empezamos a participar nas
Ligas Galegas
, que é imprescindible se pretendemos sacar
xogadoras cun nivel mínimo para a categoría xuvenil.   De todas as
maneiras teño a impresión de que si pretendemos manter o nivel dos
últimos anos aínda temos que dar un paso adiante na formación das nenas.
 Son de fiar as estatísticas, ata que punto se unha xogadora aparece moitas veces é realmente boa?
Si
están ben tomadas si achegan unha información fiable e importante,
aínda que obviamente hai aspectos do xogo que non se recollen. O
problema concretamente na SL2 é que os criterios, que deberían
estar claros para todos, na práctica non é así, o que fai que non se
poidan comparar os datos tomados polos distintos estatísticos. No noso
caso creo que Chisco é dos estatísticos que máis seriamente
aplica os criterios establecidos para a liga, e iso fai que por exemplo
ningunha das nosas receptoras poida figurar nunca entre as mellores da
liga, pero a min achégame datos fiables para a súa valoración e
obxectivos de mellora.
Á parte deste comentario por contestar máis
concretamente a pregunta, se unha xogadora aparece continuamente entre
as destacadas está claro que nese aspecto que valora a estatística
estará entre as mellores. Premios como o MVP ou o sexteto da xornada baséanse na estatística, pero teñen sempre un aspecto subxectivo.
 Que porcentaxe de culpa ten o adestrador nos éxitos do equipo? E as xogadoras?
Non sabería contestar esta pregunta no que ao adestrador se refire, teño
claro que inflúe, pero depende do que consideremos que é éxito. Se
falamos dos resultados, partidos gañados, etc, inflúe de xeito bastante
limitado, moi por debaixo seguro do que inflúen as xogadoras de que
dispoñas. Tamén depende bastante das idades das que falemos, con nenas
ou xogadoras moi novas a influencia do adestrador durante o partido é
maior, xa que hai que “dirixilas” moito durante o xogo, tanto no táctico
coma no anímico.    Con xogadoras xa máis formadas se o adestrador ten que
intervir moito neses aspectos é que realmente non fixo un bo traballo
nos adestramentos.
Se ten moita máis influencia noutros aspectos
tanto ou máis importantes, sobre todo nun voleibol afeccionado como o
noso (mellora individual das xogadoras, calidade e intensidade no
adestramento, etc). En resumo diría que o adestrador é moi importante
no que sucede antes e despois do partido, e non tanto no desenvolvemento
e resultado deste, mentres que as xogadoras son obviamente claves nas
dúas partes.
 Que che pon dos nervios durante un partido?
Intento
na medida do posible non perdelos, xa que deixaría de facer ben o meu
traballo nese momento, analizar o xogo, corrixir, dar información ás
xogadoras, etc. Outra cousa son os adestramentos, nos que son moito máis
activo e “agresivo” que nos partidos.
Por dicir algo, moléstame que o
equipo ou algunha xogadora concreta non intente executar o plan
previsto (á marxe de que lle saia ben ou non), e que as xogadoras do
banco non estean metidas no partido, preparadas para entrar no momento
que sexa necesario.
Non acostumas a discutir cos árbitros. Porqué, fano todo ben?
Obviamente
os árbitros cometen erros, uns máis e outros menos, segundo o seu nivel,
pero eu en liñas xerais aínda que son moi crítico con eles, estou máis
centrado noutros aspectos do partido nos que creo que podo influír máis.
Moléstanme especialmente os que eu considero que son erros de non
coñecer ou interpretar mal o regulamento, e non tanto os de apreciación
(balón dentro ou fóra, etc), que son os que máis adoitan alterar o
público no partido.
Tamén é verdade que teño claro que se estivese
nun nivel máis profesional si tería que protestar máis do que o fago, xa
que é obvio que en moitos casos sí se consegue influír algo na
arbitraxe.