/FINALIZA O CESSA 2015

FINALIZA O CESSA 2015

Cristina G. Bermejo, Lidia Gudge, Fernando Cueto

 

 Finaliza o CESSA 2015 celebrado estes días en Valladolid na que os combinados galegos continúan ocupando as primeiras posicións nas diferentes clasificacións.
  O
equipo Cadete Feminino lidera o ranking galego cunha medalla de bronce,
logrando así un novo podio que significa o terceiro consecutivo en tres
anos, subcampionato no 2013, campioas no 2014 e terceiras nesta
ocasión. Mellora a súa clasificación respecto ao ano pasado o equipo
cadete masculino obtendo unha excelente cuarta praza. En categoría
infantil, os rapaces posiciónanse en quinto lugar e as rapazas en novena
posición.

  Parabéns a todos pola súa participación e o excelente traballo realizado.
TAGS: