/XORNADAS DE INICIACION E TECNIFICACIÓN DE VOLEIBOL

XORNADAS DE INICIACION E TECNIFICACIÓN DE VOLEIBOL


  Esta
Semana Santa realizánse unhas Xornadas de Iniciación e Tecnificación
de Voleibol que terán lugar no Pavillón do Instituto Ramón Menendez Pidal (Instituto Zalaeta) os días 30 e 31 de Marzo e 1 de Abril.
  Estarán
dirixidas a todas aqueles nenos e nenas nacidos entre o 2003 e o 2007, e
preténdese que teñan cabida todos os nenos, aqueles que toman contacto
por primeira vez co voleibol e queren ter unha experiencia cun deporte
de equipo, así como os que xa son practicantes e queren complementar as
súas habilidades cun nivel máis de perfeccionamento.
  Estas Xornadas
compóñense de sesión de mañá e tarde, comezando ás 10:00 e finalizando
ás 19:00 ao longo das cales se tocarán diversos aspectos do xogo, como a
súa técnica ou táctica, pero sen esquecer a parte lúdica e divertida da
realización dun deporte de equipo no que a relación co resto de
compañeiros é sumamente importante.
  Tania Cobos, xogadora do equipo de SF2 e adestradora da categoría de Alevines,
é a directora destas xornadas, e a ela podes dirixirte para reservar a
túa praza, prazas que nesta ocasión son limitadas polo que non debes de
pensalo moito se non queres quedar sen ela.
  Poderás ter máis información no Pavillón do Instituto Zalaeta os días de adestramento, polas tardes luns, martes e venres, ou ben poñéndote en contacto con Tania: Tefl. móbil: 667385820, correo electrónico: tania.zalaeta@gmail.com.
TAGS: