/ENTREVISTA CON MARGA ECHEVARRÍA

ENTREVISTA CON MARGA ECHEVARRÍA

 Nome, data e lugar de nacemento.
  Margarita Echevarría Canoura, A Coruña 1981.

 Profesión, traballo, estudos…
 Economista.
Responsable de Administración. Licenciada en Administración e Dirección
de Empresas pola USC.

  Unha afección, un libro, unha película.
 Afección: O Depor e saír cos meus amigos por Ribadeo.
Libro:  A miña planta de laranxa lima.
Película:  A vida é bela.


 ¿Onde te iniciaches no voleibol?, traxectoria.
 Comecei en Calasancias en categoría cadete e co mesmo adestrador co que remato a miña carreira deportiva, Jorge. Xoguei en Torruf, Club Voleibol Noia e Marineda. 

Posición na que xogas, ¿sempre xogaches nesa posición?
Son central e por sorte ou por desgracia nunca puiden xogar noutra posición, gustaríame ter podido xogar de oposta.


 Un exemplo de deportista, referencia do volei ou do deporte en xeral.
 Un deportista que creo reúne valores importantes tales como o esforzo, a humildade, e a constancia é Rafa Nadal, por iso creo que é un grande exemplo non só como deportista senón sobre todo como persoa.

 O mellor recordo que teñas do volei, partido, torneo, equipo, título…
 Os Universitarios de voleibol praia, gozabamos moito.


 Dende o teu punto de vista, que achegas ao equipo?
 Achego experiencia e intento que haxa bo ambiente no equipo.

 Que é o non se che dá tan ben, o que máis che custa.
 O que máis me custa é o adestramento físico, son un pouco vagoneta.

 Unha socia, cómplice na cancha.
 Rochi e Cris, socias dentro e fóra da cancha.

 Que é na túa opinión o mellor do equipo?
 A calidade individual de cada unha das miñas compañeiras.


 Como ves a tempada que acaba de finalizar, estás satisfeita co teu
rendemento? 
 En relación ao equipo, creo
que aínda que o rendemento foi bo, se pode mellorar xa que creo que ten
un gran potencial. Persoalmente non estou moi contenta do meu
rendemento, xa que por diferentes motivos, laborais e de saúde, non
puiden estar ao 100%.

 Realmente paga a pena o esforzo que realizas e a dedicación a este deporte?
 Por suposto que paga a pena, o que nos dá o voleibol supera de sobra os esforzos realizados.

 Ser muller e deportista……
 É
un orgullo poder practicar un deporte de equipo feminino, xa que por
desgracia é menos común que o deporte de equipo masculino, sobre todo no
noso país.