/Resultados Infantiles

Resultados Infantiles

VER FOTOS>

      Hoxe rematou a Liga para o equipo Infantil coa celebración dun encontro  aprazado contra Calasancias Coruña B no P. Instituto Zalaeta. O partido foi dirixido polo colexiado Alfonso Ares e tivo una duración de 01h 30m. Finalizou con vitoria visitante por 2-3 e parciais 25-15, 7-25, 16-25, 25-21 e 15-17. Adestradoras, local Noa Sánchez e visitante, Brañas.

   CV Zalaeta:  6 Rivas, 11 Espada, 12 Díaz, 9 Orro M., 2 Arriaza, 3 Vera, 7 Orro B., 13 Rial, 1 Di Piazza e 6 Fernández
   Calasancias Coruña B: 12 Salgueiro, 6 García, 15 López, 7 Neiro, 11 Corral, 2 Lama, 3 Cruz, 8 Castro e 14 Pajuelo.
   Partido emocionante, que non se resolveu ate o derradeiro punto, no que se alternaron fallos e acertos ambos equipos. O 1º set foi do Zalaeta claramente, pero no 2º, viñéronse abaixo inexplicablemente, e Calasancias logrou a maior diferencia do partido. A Reacción das locais chegou no 4º parcial no que se impuxeron no marcador para forzar o “tie-break”, no que finalmente caeron, 15-17.  Nos derradeiros puntos, cando xa  parecía que estaba decidido o partido a favor de Zalaeta, Calasancias logrou darle a volta ó marcador e facerse coa vitoria.
   Finalizada a competición, Zalaeta Mixto cupa a 5ª posición na CLASIFICACIÓN.
TAGS: