/XORNADA 12/11/2011

XORNADA 12/11/2011

  En esta ocasión concentráronse todolos partidos na xornada do sábado 12, excepto o encontro da Liga Galega Xuvenil Masculino que resultou aprazado. Comenzou con un dobre desprazamento a Ourense para os partidos Cadete e Xuvenil Feminino co Volei Ourense, que se celebraron no Pavillón do IES Ferro Couselo a partir das 10:30.
VER FOTOS>
   O primeiro en dar comenzo foi o de Xuvenis que finalizou cun resultado de 0-3 con parciais de 8-25, 17-25 e 21-25. Dirixido polo colexiado A. Palau tivo unha duración de 59 m. Adestradores, local Pérez, Rivera e visitante F. Cueto.
   CVO Ourensa A : 9 Outeiriño, 3 Dieguez, 4 Sardiña, 8 Sotelo, 17 Alonso, 11 Salgado, 16 Dasilva, 14 Gonzalez, 5 Romero, 2 Giraldez, 6 López e 1 Fernández.
   Fisiomas CV Zalaeta : 10 Macarena, 18 Paula M., 6 Patri, 3 Sofi, 11 Rita, 5 Jessy, 17 Amara, 15 Andrea e 7 Paula L.
   O encontro decantouse dende o principio a favor das pupilas de F. Cueto que se impuxeron no primeiro set  por 8-25 con un xogo decidido, sin darlle opcións o rival, estiveron ben en recepción e ao saque con un ataque acertado que non conseguían parar as de Ourense. No 2º set reacciona o Voeli Ourense pero sin chegar a dominar o marcador en ningún intre, so puido opoñer en apuros as coruñesas no derradeiro set. Nova victoria de Fisiomas Zalaeta que lle permite continuar, provisionalmente, o fronte da CLASIFICACIÓN.
VER FOTOS>
   A continuación xogaron os equipos cadetes un partido que rematou con resultado favorable as locais de 3-0 con parciais 25-13, 25-11 e 25-18. Encontro arbitrado polo colexiado A. Palau con unha duración de 01h. Adestrradores Pérez, Rivera local e F. Cueto visitante.
CVO Ourense : 2 Giraldez, 16 Dasilva, 5 Romero, 10 Dieguez, 6 López, 14 Gonzalez e 1 Fernández.
 Fisioma Zalaeta :  16 Andrea R, 13 Ana, 14 Laura, 7 Miluska, 1 Lucía, 8 Nerea, 9 Raquel, 4 Andrea F, 11 Paula e 6 Inés R.
   Este partido resultou ser o reverso da moneda, as xogadoras coruñesas , en esta ocasión dirixidas por F. Cueto atopáronse con un rival superior, con mais experiencia na categoría e que prantexou un partido serio e ordenado e sabendo aproveitar os erros contrarios gañou o partido. O Fisiomas Zalaeta continúa tratando de gañar experiencia na categoría a base de entrenamento para conxuntar ben un equipo que comenzan a xogar xuntas este ano. Estiveron pouco acertadas e con fallos en todalas fases do xogo o que non lles permitiu facer puntos e cortaba a progresión. En esta ocasión contábamos coa baixa por lesión da xogadora  Lydia Alonso, a que lle desexamos u pronto restablecemento. Este resultado deixa o CV Zalaeta pola metade da CLASIFICACIÓN.
____________________________________________________________________________

VER FOTOS>

    As 17:00 comenzaba no Polideportivo Municipal da Sagrada Familia o partido correspondente a 2ª Xornada da Liga FEV Feminina entre os equipos Fisiomas Zalaeta e Turismo Vigo. Derby galego que se saldou con victoria das viguesas por un resultado de 1-3 con parciais 25-17, 12-25, 14-25 e 15-25 despois dun encontro no que o Turismo Vigo se impuxo claramente as herculinas, mostrando un comenzo de tempada a un gran nivel que con duas victorias en dous partidos  colócanse ao fronte da CLASIFICACIÓN.
   O partido comenzou con un gran primeiro set das pupilas de Jorge Barrero que gañaron por 25-17 con un xogo claramente superior, no que apenas cometeron erros para desmontar o ataque das de Vigo e impoñerse no marcador con un gran xogo de ataque co que desmostraron a calidade que atesouran.
O segundo set significou a recuperación das visitantes que con moita concentración  impuxeron o seu ritmo e sin erros gañaron a un equipo que parece que perdeu os papeis que cometía erros en recepción e no saque e que no puido acercarse o  seu nivel do 1º set.
   Quedámonos con este comenzo de partido que nos dá o nivel xogo donde debe de estar o Fisiomas Zalaeta, e  que a medida que avance a tempada estamos seguros de que así será, tempada que en esta primeira volta ten prácticamente todolos partidos na casa o que permitirá coller confianza e conxuntar o equipo. A próxima xornada, descanso.

VER FOTOS>

   A continuación tivo lugar, tamén no P. da Sagrada Familia o segundo derby galego do día, en este caso entre o Autos Cancela Zalaeta e o Náutico Boiro Voleibol correspondente a 3ª Xornada de Liga da 1ª División Masculina que finalizou con un resultado de 1-3 con parciais de 25-22, 18-25, 19-25 e 17-25.
     Autos Cancela Zalaeta: Losada, Gomez-Reino, De Valenzuela, Iglesias, Gomez, Piquin, Porritt. Libero Gomez Reino. Tamen xogaron Pereira, Lendoiro, Feijoo e Espasandín
     Náutico Boiro Voleibol: Alvarez, Alves, Perez A., Eiras, Vazquez C., Vazquez G., Taibo. Tamen xogaron Souto, Perez D., e  Dieste.
  
   O Náutico Boiro Voleibol presentábase na Coruña con duas importantes baixas, un central e un opuesto, pero como favorito a victoria xa que é líder da CLASIFICACIÓN e ademais imbatido ante un equipo que só lle queda superarse a si mesmo. O Autos Cancela Zalaeta adestrado por Ángel Losada viña de perder os dous primerios encontros pero con unha traxectoria ascendente no seu xogo de modo que tiveron un comenzo de partido espectacular no que foron capaces de meterlle o primeiro set da tempada ao líder da categoría. Estiveron moi entonados, con un gran ataque romperon a defensa boirense e con unha boa recepción acabaron coa imbatibilidade do rival. Non se fixo esperar a reacción dos de Boiro que impuxeron a seu xogo de gran calidade ante un rival que en ningún momento deixou de dar a cara e fixo de este modo, que todolos  set fosen moi disputados. Estamos, pois , ante un equipo que pouco a pouco vai mellorando e tratando de perfilarse como un conxunto da categoría. O próximo partido en Ourense ante o Auria Vella Volei Ourense.
   Destacar, finalmente, a incorporación de Asier G. de Dios, que despois da sua lesión xogou os primeiros minutos.
__________________________________________________________________________
   Finalizaba a xornada no Pavillón do Instituto de Zalaeta con dous partidos, o primeiro enfrontaba os equipos Cadete Feminino Fisiomas Zalaeta B co Fisioterapia Cinesia Noia, encontro correspondente á Liga Zonal Grupo A, estivo dirixido polo colexiado A. Suárez e tivo unha duración de 44 m. Adestradores, local P. Díaz e  visitante Liboreiro. Finalizou cun resultado de 0-3, con parciais de 13-25, 2-25 e 18-25.
   Fisiomas Zalaeta:  10 Helena, 4 Andrea, 7 Laura, 1 Alejandra B., 13 Victoria, 15 Alicia, 8 Celia, 5 Alejandra V., 6 Inés, 11 Natalia D. e 3 Natalia A.
    Fisioterapia Cinesia Noia : 3 García, 17 López, 11 Castro, 7 Beceiro, 10 Canabal, 15 Blanco, 8 Castro, 14 Canle, 9 Barreiro, 5 Trillo e 2 Oviedo.
   Partido no que,  a tenor do resultado, o equipo de Noia foi claramente superior ás coruñesas, que tratan de coñecer a categoría, aprender e facer equipo.

   E xa para finalizar, ás 19:30 comenzaba no Pavillón de Zalaeta o encontro correspondente á 6 Xornada de 2ª División  A Feminina entre os equipos CV ZalaetaCV Pontevedra, que finalizou cun resultado de  3-0, e parciais 25-15, 25-23 e 25-21.  Partido dirixido polos colexiados A. Suárez e F. Barrallo, cunha duración de 01 h. 17 m. Adestradores, local F. Cueto e visitante Ramirez.
   CV Zalaeta: 2 Paula R., 1 Paula M.(Líbero), 7 Susana, 3 Lucía, 14 Tere, 10 Jessy, 5 Sofi, 6 Patri, 9 Rita, 11 Amara e 15 Andrea.
   CV Pontevedra: 5 Valcarce, 18 Castellano (líbero), 8 Pérez, 7 Valenzuela, 10 Castro, 14 Besada, 9 Borra e 3 Rodriguez.
    Comezaba o partido que ía decidir o primeiro posto na clasificación de 2ª entre os dous equipos invictos da categoría, e que se presentaba como un partido intenso e emocionante. As locais, motivadas con este encontro, tiveron un arranque de set moi forte, no que dominaron o xogo sen fallos de saque e cunha boa recepción que lles permitiu impoñerse cunha vantaxe de 10 puntos ao finalizar o set. Producese a reacción das pontevedresas no 2º set,  mostrando un xogo rápido e con menos fallos non provocados, que volveou o partido máis interesante, máis disputado, pero sin lograr impoñerse no marcador. Deste xeito, o Zalaeta pon de manifesto o seu bo momento de forma e  a boa conxunción para seguir imbatido e líder da CLASIFICACIÓN .

  Gentileza de    EL FILÓN DE ORO.

TAGS: